9h a 14h desde martes 23jun en Rey Daviña, Vilagarcía. Entrada libre. Aforo limitado 

AVISO BIBLIOTECA  abre la biblioteca de Vilagarcía 

Poderán usarse os ordenadores, pero non os usuarios non terán acceso directo aos volumes, que deberán solicitar ao persoal

As instalacións abrirán de 9 a 14 horas. A sala infantil mantense pechada


As normas de protección contra o COVID obrigan a adoptar unha serie de medidas se seguridade, como a limitación de aforo para garantir a separación interpersoal ou a imposibilidade de que os usuarios teñan libre acceso aos volumes dos estantes,que poderán consultar previa solicitude ao persoal e tras o cal se someterán a corentena para a súa desinfección. 

A lectura en sala permitirase garantindo a distancia interpersoal e sen libre consulta directa aos fondos por parte dos usuarios. 

Terá un aforo limitado, igual que ordenadores e medios informáticos.

Os servizos de préstamo e devolución prestaranse sen que o usuario teña acceso directo aos fondos: as obras serán solicitadas polos interesados e proporcionadas polo persoal da Biblioteca. 

Unha vez devoltos, procederase á descontaminación dos materiais devoltos mediante unha corentena de 14 días.

Medidas de hixiénco-sanitarias

Será obrigado o uso de máscaras, conforme o disposto no art. 6 do Real Decreto-Lei 21/2020. 

Estarán dispoñibles dispensadores de xeles hidroalcohólicos desinfectantes.

23jun, 24jun
junio 2020
aviso, Guía Arousa



Suscríbete a Arousa TV por correo



 
Top