Trátase dunha primeira fase de incorporación da parte téxtil que se irá incrementando progresivamente en sucesivas semanas. 

O MERCADIÑO DE RIBEIRA DESTE SÁBADO INCORPORARÁ OS POSTOS DE TÉXTIL DE VENDEDORES EMPADROADOS NESTE MUNICIPIO 


O Concello de Ribeira informa de que, ademais de albergar postos de alimentación e plantas, o mercadiño deste sábado 6 de xuño vai incorporar os postos de téxtil pertencentes a vendedores empadroados no municipio ribeirense. 

Serán dez en total, que se instalarán tamén na explanada portuaria do Malecón cos mesmos criterios en canto a distancias e outras medidas preventivas que as que se veñen aplicando dende a reapertura deste servizo o pasado 16 de maio para o sector agroalimentario (outros sesenta postos). 

Trátase dunha primeira fase de incorporación da parte téxtil que se irá incrementando progresivamente en sucesivas semanas.  

Santa Uxía de Ribeira, 3 de xuño de 2020.-




Suscríbete a Arousa TV por correo


 
Top