Cambio do tráfico no Centro Comercial en Vilagarcía


O CONCELLO REORDENA O TRÁFICO NA CONTORNA DO CENTRO COMERCIAL


Cambia de sentido as rúa García Lorca e permítirase acceder a López Cuevillas dende Doutor Tourón. (explicación no mapa da imaxe)

O Concello pon en marcha a vindeira semana unha nova fase de reordenación do tráfico no centro da cidade. Neste caso, os cambios afectarán á contorna do centro Comercial a Xunqueira e teñen como obxectivo mellorar a fluidez nunha concorrida zona na que se rexistra moito tránsito de vehículos particulares e de carga e descarga das superficies comerciais alí instaladas.

O cambio máis significativo será o cambio de sentido da rúa García Lorca pola que a partir de agora será de entrada dende López Cuevillas e terá saída pola ponte do Con en Doutor Tourón. Esta medida elimina a posibilidade de cometer a perigosa infracción que se repetía con frecuencia cando condutores que viñan por Rodrigo de Mendoza atravesaban os dous carrís de Doutor Touróns atravesando liña continua para meterse por García Lorca.

Para contribuír á fluidez do tráfico permitirase xirar á dereita no cruce de Doutor Tourón con López Cuevillas (esquina de Nemesio). Para facilitar a manobra sen entorpecer o tráfico en Doutor Tourón, habilitarase un carril de incorporación nesta rúa, para o cal se substitúen os estacionamentos en batería por outros en liña.

Aproveitando esta actuación, tamén se habilitará a nova zona de estacionamento da prazoleta do antigo Matadoiro de Matosinhos, no que se sinalizarán as prazas de aparcamento para unha axeitada ordenación.

A intención do concelleiro de Tráfico é que os traballos de pintado e sinalización dos cambios se poida levar a cabo a principios desta semana, sempre que a climatoloxía o permite. De non chover, a nova reordenación podería entrar en vigor cara finais de semana.
Me parece:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget