Mellora do paseo do Río do Con


COMEZAN OS TRÁMITES PARA CONTRATACIÓN DA OBRA DE MELLORA DO PASEO DO RÍO DO CON PARA EXECUTALA EN OUTONO



O proxecto servirá para acondicionar unha zona moi deteriorada polo paso do tempo e a circulación de vehículos

Reporanse as beirarrúas con lousas similares o das rúas adxacentes e reforzarase a zona de acceso a garaxes con formigón impreso

Conta cun orzamento de 118.769 que se financian a través dun plan provincial


Vilagarcía de Arousa, 4 de agosto de 2014.- O tramo do paseo do río do Con, entre a ponte de Doutor Tourón e a de Santa Eulalia, acondicionarase este outono cun investimento de 118.769 euros. O Servizo de Contratación do Concello puxo en marcha hoxe mesmo os trámites para proceder á contratación da obra proxectada en Ravella e que se financiará con cargo a fondos provinciais. Con esta actuación preténdese mellorar unha zona de paseo que se atopa moi deterioradoa polo paso do tempo e polo paso dos vehículos que acceden aos garaxes da zona.

O Concello tomou coñecemento o venres da confirmación da subvencións concedida pola Deputación a través do Plan Urxente de Mantemento e Servizos Municipais de 2014, polo que a tramitación para poñer en marcha o procedemento de contratación comezouse hoxe mesmo. A concelleira de obras, Ana Granja, quere axilizar ao máximo esta esperada actuación, tanto pola necesidade da mesma como por evitar que os traballos se metan na temporada de choivas que dificultarían os traballos. A previsión é que a obra comece e se desenvolva durante os meses de outono.

O proxecto redactado polo Concello prevé a reposición das beirarrúas e tamén da calzada, cuxo pavimento actual se atopa totalmente estragado con zonas afundidas e rotura de baldosas que dificultan tanto o paso de peóns como dos vehículos que teñen nesa zona peoníl a entrada dos seus garaxes.

As obras consistirán no levantamento total das baldosas actuais tanto das beirarrúas como da zona central. As novas beirarrúas rebaixaranse para quedar ao mesmo nivel que a zona de paso de vehículos, pero diferenciaranse desta porque se cubrirán con lousas similares ó das rúas adxacentes (Arcebispo Xelmírez e Fariña Ferreño). O paso central, polo que excepcionalmente circularán os vehículos para acceso a garaxes, habilitarase con formigón impreso, material moi resistente que garantirá unha maior durabilidade.
Me parece:

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget