en Vilagarcía. Entrada?

CANCELADO TEATRO Senior 

Culturactiva S. Coop. Galega presenta Sénior, un espectáculo cómico sobre a crise dos 50, cos coñecidos e populares actores Luís Iglesia e Marcos Orsi como protagonistas, e dirixida por Avelino González. Unha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e se comeza a ser "sénior"? Iglesia e Orsi rin de si mesmos ante nós, cun texto enxeñoso de creación propia que aborda grandes dilemas do sénior:
...visto como meu fillo ou como meu pai?
...haberá cadeiras nese concerto?
...como estarei mañá se tomo un segundo gin-tonic?

Ducias de preguntas que este espectáculo non resolverá, pero que son a escusa perfecta para pasar un momento entretido en compaña de Luís Iglesia e Marcos Orsi.

Ficha artística
Elenco: Marcos Orsi, Luís Iglesia
Dirección: Avelino González
Xéneros: comedia
Duración: 70 minutos
Público: Adulto
Tipo espectáculo: Teatro adult@s
Autoría: Creación colectiva
Dirección: Avelino González
Elenco: Luís Iglesia, Marcos Orsi
Deseño de escenografía: Kukas
Responsable técnica: Paula Castro

Organiza: Agadic

30may
mayo 2020
🎭 escena




 
Top