Accidente de tráfico cunha saída na citada vía e unha persoa ferida 

DENUNCIADO UN RIBEIRENSE POR UN DELITO CONTRA A SEGURIDADE PÚBLICA POR ALCOHOLEMIA TRAS ACCIDENTAR NA AVENIDA DA CORUÑA 

A Policía Local de Ribeira informa dun presunto delito contra a seguridade pública por parte dun cidadán que arroxou un resultado positivo na proba de alcoholemia despois de ter un sinistro automobilístico na pasada madrugada na avenida da Coruña. 

Así, ás 3:13 horas, un particular avisou ao 112 sobre unha saída na citada vía cunha persoa ferida. Persoados os axentes no lugar dos feitos, observaron un vehículo marca Renault Megan accidentado á
altura do número 162. O condutor resultou ser un varón de 32 anos que presentaba feridas superficiais no rostro e extremidades superiores, así como dor lumbar e torácica. Sometido á proba de
alcoholemia, resultou positiva con 0,84 mg/l. O condutor era novel. Comprobouse que o vehículo carece de seguro e ITV. 

O individuo foi trasladado ao Hospital da Barbanza. Minutos despois (ás 4.30 horas) recibiuse aviso destas instalacións sobre que a persoa implicada no accidente se dera á fuga. Foi localizado na
estrada AC-550 con síntomas de desorientación e volveu ser trasladado ao centro hospitalario a través dunha ambulancia do 061. 

Santa Uxía de Ribeira, 31 de maio de 2020.- Nota de Prensa Ribeira 






Suscríbete a Arousa TV por correo


 
Top