O venres 29 de maio celebrouse un Pleno no Concello de Meis no que foi aprobada por unanimidade
a moción do BNG para apoiar ao comercio local, os puntos aprobados son o desenvolvemento dunha
campaña de apoio e incentivación de compra e consumo nos establecementos do Concello, axudas
para o material hixiénico-sanitario para os locais do Concello, finalmete no punto terceiro da moción
no que se solicitaba unha exención ou bonificación nas taxas do lixo e da auga para aqueles
establecementos que tiveron que permanecer pechados pola declaración do estado de alarma, antes
as dúbidas de intervención, acordouse elevar unha pregunta á Xunta para aclarar a forma de levalo a
cabo. 

Así mesmo, no punto de rogos e preguntas, o concelleiro do BNG logrou un acordo para que se
proceda ao anclaxe dos contenedores do lixo do Concello, a fin de evitar que a causa do mal tempo
ou por outras circunstancias os contenedores se movan do seu sitio. 

Finalmente o concelleiro do BNG preguntou pola volta do servizo do autobús que vai a Pontevedra,
que foi eliminado a causa da declaración do estado de alarma e que ainda non se retomou, aclarándose
que o servizo voltará cando se pase á fase 3 da desescalada no confinamento. 

Nota de Prensa BNG O Salnés  


Suscríbete a Arousa TV por correo


 
Top