A Biblioteca Municipal Francisco de Asís Fraga Castro "Cuco" retoma a actividade de empréstito de exemplares e recollida 28/5/20
A reapertura da Biblioteca Municipal de Ribadumia permite retomar a actividade de empréstito de exemplares e a recollida de aqueles que foron prestados antes de declararse o estado de alarma con motivo do COVID. Coa finalidade de manter as medidas de seguridade, o préstamo e devolución dos libros farase a través do bibliotecario sen que en ningún caso o usuario poida acceder a sala da biblioteca. Polo tanto, tampouco se poderá usar a sala de lectura ou facer uso dos ordenadores e medios informáticos. Dende o concello recomendan a todas as persoas que estén buscando un libro, un autor ou xénero literario chamen a biblioteca ao teléfono 986.71.07.11 para que fagan a consulta sobre a dispoñibilidade e que o bibliotecario poida ter preparado o exemplar para cando pasen a recollelo. Doutra banda, tamén se poderán realizar aquelas xestións relacionadas coa Oficina Municipal de Información Xuvenil para as cales se recomenda pedir cita no teléfono da biblioteca. Os interesados que acudan á biblioteca a realizar calquera das xestións sinaladas anteriormente, deben utilizar o timbre para que o bibliotecario abra a porta e os atenda de xeito individualizado. Ademais, deberán ir provistos de mascarillas e desinfectar as mans na entrada onde hai un dispensador de xel hidroalcohólico.
Suscríbete a Arousa TV por correo