Paulo García presenta a sua novela "Desgaste Vital"

No vídeo, o polifacético autor canta o tema "With or without you" de U2


O XORNALISTA VILAGARCIÁN PAULO GARCÍA PRESENTA MAÑÁ A SÚA PRIMEIRA NOVELA NO AUDITORIO

A editorial Círculo Rojo publica "Desgaste vital", unha obra de suspense e violencia protagonizada por un estudante universitario

A sala de conferencias do Auditorio acolle mañá a presentación da primeira novela do vilagarcián Paulo García Conde. "Desgaste Vital" é o título desta obra de suspense e violencia coa que o xoven xornalista se introduce no mundo literario a través da editorial Círculo Rojo. O autor e representantes da editorial participan no acto que comezará ás 20:00 horas.

Paulo García Conde naceu en Vilagarcía en 1990. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, na actualidade cursa un máster de Creación Literaria Multidisciplinar da Universidade Camilo José Cela de Madrid. "Desgaste Vital" é froito da súa paixón por escribir, afección que comparte coa música que cultivou a través da súa vinculación a diferentes agrupacións e proxectos.

"Desgaste Vital" é a historia de Daniel, un estudante universitario que leva unha vida completamente normal na que a autoesixencia é a principal pauta. Esta normalidade empeza a cambiar como consecuencia dunha situación inesperada que aboca ao protagonista a un declive persoal que deriva nunha espiral de violencia e deterioro mental.

Fontes: Gabinete de prensa Vilagarcía, Paulo García, redes


Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget